
Con máis de 1.600 quilómetros de costa, tres provincias marítimas e máis da metade da poboación (preto do 55%) residindo no litoral, Galicia ten un indiscutible vencello secular ao mar, que lle conformou un patrimonio un patrimonio marítimo que a Xunta, en colaboración coa Universidade da Coruña e a súa fundación (FUAC) tentan converter nun Plan da Cultura Marítinma de Gali ia, horizonte 2030. Que será o punto de partida para que o conxunto da Comunidade -as distintas institucións e entidades- actúe de xeito coordinado para protexer o seu pasado e presente mariñeiro e evitar que quede no esquecemento.
O Plan fai unha fonda análise da tipoloxía dos bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade autónoma co obxectivo de avanzar no seu coñecemento e darle difusión nacional e internacional. O conxunto de Galicia pode actuar desde xeito coordinando na conservación dos vestixios do seu pasado e presente marítimo-pesqueiro.
O Plan enumera os múltiples oficios vencellados ao mar en Galicia, reforza o seu vasto patrimonio marítimo, expón medidas que servirían para preservalo e destaca espazos singulares representativos da súa cultura mariñeira. Recolle 100 medidas a aplicar antes do ano 2030 que contribuirían a avanzar no seu coñecemento. Preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia como no exterior.
O territorio connatural a este xornal (O Barbanza) pode e debe contribuir decisivamente a esa posta en valor dado non só o patrimonio de seu que conserva e que significaría unha aportación decisiva a este plan, senon o efecto que para a comarca barbanzana -tanto de orde material como inmaterial- ha significar no tempo e na historia.



