Nova edición do noso mensual “O Barbanza” que sae co número 51 de setembro

07 Setembro 2023

Como cada mes chega un novo número de “O Barbanza” na súa edición impresa. A publicación de setembro, a número 51, esta xa en distribución en toda a comarca e trae unha ampla axenda das actividades sobre os actos das festas e actividades na comarca.

Nesta edición destacamos as catros grandes celebracións coas que remata o verán, Santa Uxía, o Carmen, Nazareno e A Guadalupe, e facemos unha homenaxe a Borobó, cun artigo de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán e seguimos coa lembranza de Carlos García Bayón do que nos escribe, Xosé Antonio Ventoso Mariño, ex-alcalde de Ribeira e ex-deputado autonómico. Os dous articulistas o noso agradecemento pola súa colaboración.

Falamos tamén con novo alcalde de A Pobra, José Carlos Vidal Suarez, con quen iniciamos unha serie na que irán pasando os rexidores da comarca.

E coma sempre o turismo, a cultura, a historia e a actualidade completan este número de “O Barbanza” que como é habitual cunha tirada de 6.000 exemplares, está xa en distribución de balde en todos los concellos da comarca e que se pode conseguir en numerosos puntos ou ben descargalos en pdf desde o enlace: “O Barbanza” ou ben leelo nas distintas plataformas como pc, tablet e móbiles.

Por otra banda a nosa web “obarbanza.gal” bate record este mes de agosto superando os 104.072 usuarios. (Esta cifra refricte o número de persoas físicas diferentes que accederon o sitio). Esto supón que de media accederon o diario dixital 3.357 usuarios únicos/día.

O crecemento nos últimos doces meses de visitas foi dun 423 %, mentres que os usuarios únicos aumentaron nun 261,95 %. Durante o mes de agosto do ano 2023 leronse de media 12.699 novas/día.

No que vai de ano 2023 acadamos xa 522.550 visitas con 254.395 usuarios únicos. Isto convértenos no segundo medio de comunicación da comarca.

Respecto á procedencia dos nosos lectores os mesmos neste mes proceden de España, Estados Unidos, Noruega, Portugal, Surafrica, Irlanda, Suíza, Colombia, Australia e Arxentina, Francia, Alemania, Suecia e Chile e lectores en total de 125 países.

Se mesmo a nosa publicación mensual “ O Barbanza”, segue a ter unha magnífica acollida da edición en papel, e a próxima semana sairá co número 51 e que coma sempre, cunha tirada de 6.000 exemplares. Isto fai que sexa a publicación con máis exemplares por número da comarca de todalas publicacións e xornais. O mensual é repartido nos concellos da comarca de balde e pode ser descargado tamén en pdf desde a nosa web.

Respecto ás nosas redes sociais tamén seguen crecendo, e así facebook acadou os 3.121  siareiros. Todo un éxito que nos anima a seguir traballando e aumentando os nosos contidos. Adiantar que nuns días lanzaremos unha nova web completamente redeseñada da que informaremos con tempo.

Grazas e xa saben que seguimos contando co seu apoio e colaboración, ben a través do noso email “redaccion@obarbanza.gal” ou do whasapp 608 24 01 60. Invitalos a que nos manden novas, informacións, denuncias, artigos de opinión e avisos. Moitas grazas.

O próximo número da nosa publicación sairá a principios de outubro. Grazas polo apoio e darnos a coñecer.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.