O Concello de Ribeira inviste 70.000 euros no mantemento e arranxo dos colexios públicos de cara ao inicio do curso escolar

11 Setembro 2023

O Concello de Ribeira, a través da brigada de obras municipal, levou a cabo distintas tarefas de mellora e mantemento nos centros educativos públicos de todo o municipio de cara ao inicio do curso escolar (este luns 11 de setembro). En total investíronse arredor duns 70.000 euros.

Fontes do Consistorio explicaron que as obras “atópanse rematadas” agás nos casos nos que se precisou a contratación dunha empresa externa pola complexidade da actuación e polo seu tamaño, coma foi no caso do peche no CEP de Carreira e a reforma dos baños no CEIP Heroínas de Sálvora. “Estes traballos comézanse a finais de agosto porque os colexios fan as solicitudes entre maio e xuño, pero no verán moitos centros están ocupados polos campamentos de verán e a brigada municipal tivo ademais moitas obras que atender na época estival” explicou a concelleira Cruz Rivadulla, engadindo que están pendentes “algunhas actuacións que son competencia da Xunta de Galicia, como a renovación das tubaxes no colexio de Palmeira”. Nestes casos, dixo, solicitouse á Consellería de Educación a mellora das infraestruturas; como por exemplo no caso do CEIP de Olveira, que aínda non conta con ascensor, ou a ampliación de ximnasios no colexio de Palmeira e no CEP de Carreira.

A edil Cruz Rivadulla e a enxeñeira municipal Uxía Landeira

“Dende o Concello vamos a apoiar e trasladar á Consellería tódalas peticións que os equipos directivos dos colexios públicos nos achegan” explica a concelleira Cruz Rivadulla. Tamén destacou a carencia de persoal para atender ao alumnado con necesidades especiais, asunto que tamén se trasladará á Consellería de Educación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.