O concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta Colomer mantivo este mércores 13 de setembro unha reunión coas distintas comisións de festas das parroquias do Concello de Ribeira.
O encontro consistiu nunha valoración dos eventos realizados durante o verán e unha posta en común das necesidades e posibilidades de mellora de cara ao vindeiro ano.
Amais, un dos obxectivos da xuntanza foi “estreitar a colaboración entre as parroquias e a autoridade local de cara á organización das vindeiras celebracións”. Por outro banda, o concelleiro expresou a súa vontade de asegurar o apoio económico ás comisións de cara ao vindeiro ano.




