A Garda Civil do Posto de Boiro detivo a catro persoas no marco da operación Aurum Domus, que se iniciou por mor dos roubos acaecidos en diferentes domicilios, igrexas e locais de hostalería de Boiro, Padrón e Rianxo nos meses de xullo a setembro.
Os efectivos vixiaban as vivendas e ças igrexas nas que planeaban realizar os roubos ata comprobar que non se atopaba ningún morador na mesmas para acceder ao interior. Levaron principalmente xoias e diñeiro en efectivo, ademais de maquinaria e ferramentas eléctricas. Nos templos subtraendo dos seus interior efectos antigos de ouro e prata, sendo o máis destacado a coroa de ouro e prata da Virxe das Neves de Macenda, peza do século XII.
A Garda Civil logrou a identificación dos catro presuntos integrantes do grupo criminal, dos cales tres se dedicaban á realización dos roubos e á receptación e venda dos efectos subtraídos, e procedeu á detención destas catro persoas como presuntos membros dun grupo criminal, imputándolle ademais a un deles, veciño de Vilagarcía de Arousa, un delito de receptación, e aos outros tres 8 delitos de roubo con forza en vivenda, 5 delitos de roubo en interior de igrexas, 3 deles en grao de tentativa e un delito de roubo con forza nunha embarcación. O cuarto detido está acusado dun delito de receptación.
Os catro detidos, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira, que decretou o ingreso en prisión dun deles e clausúraa do local de compravenda de metais.
A operación continúa aberta, non descartándose máis detencións. A maior parte dos obxectos recuperados foron reintegrados aos seus lexítimos propietarios e o resto atópanse baixo custodia da Garda Civil de Boiro, polo que, se algún cidadán recoñece algún da súa propiedade, pode acudir ao Posto Principal desa localidade onde, tras comprobar a súa titularidade, seralle entregado.

Garda Civil



