O actor noiés Jorge Gallardo impartirá na súa terra o Taller de Teatro municipal

20 Setembro 2023

O vindeiro 2 de Outubro dará comezo unha nova andaina do Taller de Teatro de Noia da man do actor local Jorge Gallardo, que, ademais dunha ampla experiencia sobre as táboas, conta cun importante currículo como formador. O obradoiro vén da man da Área de Cultura do Concello que dirixe José Pérez.

Jorgé é titulado superior en Arte Dramática, diplomado na Escola de Interpretación textual/xestual e ten un Mestrado en Interpretación de Cine e TV. Ademais, é co-fundador de varias compañías de teatro e atesoura experiencia no eido audiovisual, participando en varias series nacionais e curtametraxes.

O obradoiro de teatro virá con dous grupos: infantil/xuvenil e adultos.

As clases serán os luns no Local de Ensaio Prudencio Romo.

As inscricións nos dous grupos de idades poden facerse no rexistro do Concello ou na sede electrónica dende até o 28 de setembro.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...