O concello de Outes organiza 6 andainas ao longo do outono para coñecer de primeira man o patrimonio do territorio municipal.

Sol Agra e Antonio Rodríguez presentaron esta mañá o programa de roteiros que desenvolverá o concello para dar a coñecer, entre os seus veciños e visitantes, a historia e patrimonio de Outes.
Dende a arqueoloxía ate a arquitectura pasando polos fitos culturais, industriais e sociais de Outes, o programa de andainas de Outono aportará información a todo aquel que se achegue para coñecer polo miúdo todo o que agocha o noso concello.
Todas as andainas son en sábado ou domingo ás 09:00 da mañá. A inscrición é de balde e pódese facer a través do teléfono, da casa da cultura ou da páxina web do concello onde se atopa un formulario. Só se pode inscribir a partires do luns previo a cada andaina.
Sol Agra, concelleira de Turismo e Patrimonio, anima a toda a veciñanza e visitantes a participar e coñecer todo o que Outes garda para descubrir.



