
A Casa do Mar de Palmeira acolle este xoves ás 20.30 presentación da obra “Carme e a Serea Mariña”, obra da palmeirense Anar Rial Maneiro.
A obra, en galego e destinada o mundo infantil, aborda como o mundo enteiro se enfronta a unha gran ameaza que pon en perigo a vida e o medio ambiente. A sirena Mariña e Carme deseñarán un plan para combater esa situación ao mesmo tempo que entre eles establécese unha fermosa amizade. Así, mar e terra deixarán de lado as súas diferenzas concentrarse no que os une.
No acto intervirá a autora a concelleira de Cultura Antía Alberte e a vicepresidenta da A.C: Barbantia, Isabel Santos.

A autora, Ana Rial Maneiro (Palmeira, 1994) é xornalista de profesión e por vocación. A súa paixón polas letras xermina sendo unha nena; unha afección que crece co paso dos anos e cristaliza coa obtención do Grao en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, o estudo de formación complementaria neste ámbito e o inicio da súa carreira profesional.
Aos poucos esperta nela a inquietude de dar o salto ao panorama literario para cultivar así a súa faceta máis creativa. E, podería dicirse que de casualidade e por causalidades, xorde a súa primeira obra: un libro infantil que permite atisbar unha pequena parte do seu mundo interior e co que fomentar o hábito lector na nenez.




