Unicamente ardeu a parte dianteira dun coche estacionado no garaxe dun edificio da rúa Corrillo, pero os veciños abandonaron as súas vivendas por precaución.
De feito, foron os propios ocupantes das vivendas próximas os primeiros en avisar ao 112 Galicia dez minutos despois da 1 horas da madrugada. Os alertadores apuntaban xa desde o primeiro momento a que o fume procedía da parte baixa do edificio.
Para este operativo foron informados o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e Ribeira (estes últimos non chegaron a intervir), a Garda Civil e os membros do Servizo Municipal de Protección Civil do municipio.
Os Bombeiros de Boiro extinguiron o lume e a continuación ventilaron o garaxe.




