Xa está aberto dende o 12 de setembro o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas (2023-2024) do concello de Dodro (con inscrición a través da ficha en liña correspondente). As actividades programadas están dirixidas a toda a cidadanía do termo municipal, a partir dos 3 anos. O curso está dividido en 3 trimestres e desenvolverase de outubro de 2023 a xuño de 2024. Como novidade, en esta edición, ofertarase unha clase de adestramento funcional (crossf), unha práctica deportiva que, segundo indica a Área de Deportes do Concello, contribúe a optimizar os xestos cotiáns e reporta beneficios como a prevención de lesións, amais de favorecer un incremento do rendemento deportivo e unha mellora da condición física xeral.

As persoas interesadas en solicitar praza ou en recibir máis información poden contactar do Departamento de Deportes. As clases está previsto que comecen o 2 de outubro.
As actividades inclúen as actividades do Ximnasio Municipal (de luns a venres, en horario de 9.30 a 22.00 horas. Cotas para maiores e menores de 16 anos).

Para a rapazada
-Psicomotricidade
-Multideporte
-Patinaxe
-Baile deportivo
-Iniciación ao fútbol (CD Dodro)
Maiores
-Ximnasia de mantemento
-Zumbeando
-Pilates
-Adestramento funcional (crossf)
Maiores de 65 anos
-Psicomotricidade e tonificación



