O Museo das Minas de San Finx reduce o seu horario co inicio da nova tempada

22 Setembro 2023

O museo do poboado mineiro das minas de San Finx, en Lousame, cambia esta semana ao seu novo horario de inverno. As instalacións estarán abertas durante a semana unicamente en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá tanto horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As instalacións estarán pechadas os luns e os martes.

A visita é libre, agás para grupos de máis de 10 persoas nos que é preciso reservar praza chamando ao 679 583 332 ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com. Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media.

As persoas que se acheguen polo poboado mineiro contarán co asesoramento e guía da técnica do Museo das Minas de San Finx, que lles dará a coñecer tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

A visita inclúe un percorrido polo centro de interpretación, onde se pode ver tanto unha maqueta a escala das minas como distinta documentación e trebellos relacionados coa traballo das minas e coa época, dende o propio volframio ata teléfonos antigos, peneiras, imaxes antigas.

Ademais, tamén se visitan os distintos inmóbeis do poboado mineiro (edificio de compresores, enganche eléctrico, armazón do pozo novo…) onde se poden contemplar os equipos que se utilizaban na extracción do mineral, algúns deles en perfecto estado de uso como compresores, cabrestantes, forno de fundición de estaño, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.