Servizos de emerxencia rescataron a unha muller que sufriu unha caída nun miradoiro en Vilagarcía

25 Setembro 2023

Aínda que non resultou ferida de gravidade, a implicada quedou situada nunha zona de difícil acceso tras caer da plataforma do miradoiro Cruz de Xiabre, no Carril.

Pasaban cinco minutos das 20:30 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia a fin de solicitar axuda para rescatar a muller, que se lesionara nun xeonllo.

Nada máis ter constancia dos feitos, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribadumia e de Vilagarcía, dos membros de Servizo de Emerxencias de Vilagarcía e da Policía Nacional. O persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia chegou a mobilizar o helicóptero Pesca 1, aínda que finalmente o rescate levouse a cabo por terra.

Neste sentido, a ausencia de luz, o escarpado do terreo e a longa distancia que había que percorrer ata o lugar ata o que poderían achegarse os vehículos foron os tres factores que marcaron o proceso.

Así, os servizos de emerxencias portaron á muller nunha padiola ao longo dun quilómetro, ata un vehículo do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía. Este levouna ata o lugar no que esperaba a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na que foi finalmente trasladada ao hospital de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.