Os GALP poñen en marcha un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro

05 Outubro 2026

Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro impulsan Feito co Mar para promover elaboracións de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés e pratos elaborados, poñendo o foco especialmente en prácticas artesanais. Para iso, están a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento que contarán con dous programas formativos en 2027, un de iniciación e outro de profesionalización. Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación.

Durante as últimas semanas, os GALP celebraron unha serie de entrevistas con confrarías dos territorios participantes co obxectivo de enfocar os contidos e a proposta formativa do proxecto para que se adapte ás particularidades de cada territorio.

Dende os Grupos lembran que “o sector pesqueiro é especialmente relevante en Feito co Mar, xa que o proxecto ten como propósito principal valorizar a actividade pesqueira e potenciar a remuda xeracional coa creación de novas empresas e o impulso de actividades económicas de transformación dos produtos do mar”.

A programación detallada dos Viveiros será presentada ao público a partir do mes de outubro a través de máis de vinte encontros informativos que se celebrarán en concellos de todo o litoral galego.

“Estes eventos serán a ocasión para que as persoas interesadas poidan obter información sobre os programas formativos e tamén para captar proxectos de emprendemento que poidan impulsarse a través dos Viveiros”, informaron os grupos.

O programa formativo

Os Viveiros están pensados para capacitar de maneira práctica na transformación e elaboración do produto pesqueiro, facendo prototipado de propostas de produtos pesqueiros transformados e elaborados, como conservas e pratos de V gama. Co obxectivo de garantir o maior éxito das iniciativas das persoas que se acheguen aos Viveiros, facilitaranse claves para o emprendemento de maneira colaborativa.

Nos diferentes módulos que se impartan nos cursos trataranse dende cuestións relacionadas coa normativa vixente, boas prácticas, técnicas ou procesos de elaboración axeitados, ata o envasado e etiquetado.  Desenvolverase tamén un traballo de titorización dirixido a persoas e colectivos que, unha vez rematada a formación, precisen de apoio e asesoramento para facilitar a súa constitución como iniciativa de emprendemento.

A responsábel do programa formativo será Carme Freire, que forma parte de Daquí darredor, un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas.

Rede de Espazos de Traballo Colaborativo

Dentro do proxecto, tamén se veñen realizando entrevistas cos concellos do territorio para animar a súa participación na dinamización dos Viveiros e tamén para a constitución de Espazos de Traballo Colaborativo enfocados á transformación de produto pesqueiro nos seus territorios. A dinamización deste tipo de espazos é outro dos obxectivos do proxecto que, en 2027, creará un piloto, a partir de experiencias como o Espazo de Traballo Colaborativo Monte Balado (Os Ánxeles. Brión) e unha proposta para a creación dunha Rede que articule estes espazos entre todos os GALP participantes.

Un proxecto dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro

O principal beneficiario de Feito co Mar será o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, aínda que se espera que tamén repercuta positivamente en estudantes de formación profesional, programas municipais de emprendemento, asociacións empresariais e persoas desempregadas, entre moitas outras.

Feito co Mar é unha iniciativa de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e está cofinanciada pola UE e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Os GALP participantes son: GALP Golfo Ártabro Norte (grupo coordinador), GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra.

Outros artigos

A Policía Local de Muros estrea novo vehículo

A Policía Local de Muros conta cun novo automóbil, mellorando desta forma os seus medios materiais. O Concello xestionou a adquisición a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta e o vehículo realizará accións medioambientais e de protección do patrimonio...

+

A Piscina Municipal de Noia reabre este mércores

O Concello de Noia confirmou que este mércores 7 de outubro vai reabrir as súas portas a Piscina Municipal, logo duns prolongados labores de posta a punto e mantemento que se estenderon no tempo máis do previsto ao detectarse que o intercambiador de calor estaba en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

“Paco Corral, padre, se ha hecho eterno”. Alberto Barciela

Hay personas que, cuando se van, dejan un vacío. Y hay otras que, de alguna manera, consiguen quedarse para siempre. Paco Corral, padre, es de estas últimas. Paco se ha hecho eterno. Nació en Carballiño, pero hizo su vida en Arcade y Soutomaior, donde dejó una huella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.