Rosario Álvarez deposita na Caixa das Letras (Instituto Cervantes) o legado material e simbólico de Rosalía de Castro

25 Setembro 2023

A sede do Instituto Cervantes acolleu este luns 25 de setembro pola mañá un importante acto institucional para conmemorar o Dia Europeo das Linguas, que se celebra cada 26 de setembro. Na cita, na que se presentou a versión multilingüe do poema Llorando hacia Roma de Federico García Lora, celebrouse tamén a apertura da primeira Caixa das Letras para a cultura galega, adicada desta volta á nosa escritora Rosalía de Castro (rendendo homenaxe, tamén, á coñecida conexión entre a autora de Follas Novas e García Lorca).

Rosario Alvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), foi a encargada de depositar o legado material e simbólico de Rosalía de Castro, “unha muller poeta dun categoría literaria e un pensamento revolucionario”, dixo.

O evento foi subido na súa integridade ás redes sociais. Podemos velo, por exemplo, no Youtube.

O acto, contou coa presenza do presidente en funcións, Pedro Sánchez, que lembrou a primeira tentativa de creación dunha cartografía lingüística, a do Atlas Lingüístico iniciado polo grupo do filólogo Tomás Navarro quen “descubriu unha xeografía lingüística plural, unha España de multitude de acentos e unha riqueza que debemos preservar”.

Asistiron á homenaxe representantes do sector da cultura e da política como a presidenta do Congreso, Francina Armengol, ou a ministra de Educación en funciones, Pilar Alegría, entre outros.

Era a primeira vez que a cultura e a lingua galega entran na Caixa das Letras, cápsula do tempo mantida polo Instituto Cervantes que garda obxectos relacionados coa ciencia, as artes e as letras da cultura hispana. A presidenta iniciou a súa intervención lembrando a Lorca, “o poeta en lingua castelá máis difundido e traducido” que se sentiu poeta galego e que “sen facer da diferenza lingüística unha falsa barreira” deixou seis poemas en galego, froito desa conexión que o poeta granadino tivo con Rosalía e tamén coa cultura galega.

Rosario Álvarez, que pronunciou o seu discurso en galego, lembrou o contexto social e político que definiu como un “avance histórico cara á igualdade efectiva de dereitos lingüísticos e culturais” e depositou na Caixa das Letras “a nosa lingua e a nosa cultura, representadas aquí pola figura galega máis universal, reverenciada por todos e todas, sempre admirada e nunca cuestionada, orgullo dun pobo enteiro desde todos os lugares que habitamos os galegos, navegantes de todos os mares e cidadáns de todos os continentes”.

O material rosaliano

O conxunto depositado inclúe, en primeiro lugar, libros. Entre eles, un exemplar de Cantares Gallegos (1863) editado por Galaxia no centenario ou o facsímile facilitado pola Real Academia Galega “da primeira edición de Follas Novas, saída en La Habana grazas ás xenerosas contribucións dos emigrantes galegos” apuntou Rosario Álvarez.

Inclúese tamén un exemplar de O herbario de Rosalía e, da man da Fundación Rosalía, unha colección de láminas do herbario; xunto cun audiovisual inédito na que as láminas van acompañadas dun recitado profesional dos poemas aludidos.

A música está presente nun disco de vinilo de Amancio Prada titulado Rosalía de Castro-Amancio Prada do ano 75 cunha dedidatoria que o cantante fixo expresamente para a ocasión. Amancio cedeu tamén un estoxo coas seis cancións galegas de Lorca.

O conxunto buscaba tamén amosar que Rosalía é fonte nutricia de novos proxectos culturais. Faino cun libro de ensaios dedicados a ela por personalidades da intelectualidade galega e portuguesa no ano 1952; unha conferencia pronunciada por Luis García Montero, con ocasión do 150º aniversario de Cantares Gallegos; e un libro-disco en que nove das mellores poetas galegas contemporáneas dialogan poeticamente con Rosalía.

Hai tamén un moníptico cedido pola Asociación Astronómica Ío que permite localizar a estrela Rosaliadecastro (que loce no ceo desde o 17 de decembro de 2019 cando a Unión Astronómica Internacional puxo o seu nome a unha estrela da constelación de Serpentario, e Riosar ao seu exoplaneta). Unha camiseta coa imaxe de Rosalía deseñada por Pablo Rodríguez/Xosé Miranda “con aires warholianos” e unha chapa coa rosa de cen follas completan o legado.

No marco desta celebración, o martes día 26 (propio Día Europeo das Linguas) tamén se organiza unha actividade titulada A palabra na música, unha velada de música e poesía. Nesta ocasión, os autores que recitarán os poemas son Eduard Escoffet, Pilar Adón, Leire Bilbao e Manuel Rivas. Mentres que a parte musical estará a cargo dos artistas Sheila Blanco, Renaldo & Clara, Izaro e Xoel López.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.