Recepción das entidades asinantes do manifesto para que Castelao sexa proclamado como primeiro presidente de Galicia

25 Setembro 2023

O alcalde do Concello de Boiro, José Ramón Romero, recibiu esta mañá na Casa Consistorial a representantes do Partido Galeguista e das entidades emigradas en Buenos Aires asinantes do Manifesto “Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Presidente do Consello de Galiza – Primeiro Presidente de Galiza” logo da súa visita ao municipio de Rianxo.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu a presenza dos asistentes e deu a coñecer a vinculación de Castelao co municipio de Boiro na través da figura de Ramón Martínez López, “un veciño de Boiro e unha das persoas de maior confianza de Castelao”.
Nos actos participaron Francisco López, secretario xeral do Partido Galeguista; o cineasta galego-arxentino, Xan Leira; María Carmen Castro, secretaria do Centro Betanzos; Bernardo Rey, presidente do Hogar Gallego para Ancianos; Carlos Ameijeiras, presidente ABC de Corcubión; José María Vila Alén, Presidente do Centro Galicia de Buenos Aires e membro do Consello de Administración da Delegación Arxentina da Fundación Galicia América; Diego Martínez Duro, presidente da Federación de Sociedades Gallegas de Argentina; José Manuel Besteiro, Presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada de Arxentina; e Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.