O mago Teto funde rock e maxia no seu novo espectáculo en Boiro (este venres 29)

26 Setembro 2023

O mago Teto estará este 29 de setembro en Boiro para ofrecer un novo espectáculo de maxia e música destinada ao público infantil e familiar: Rock & Magic. Será na Casa da Cultura Ramón Martínez López a partir das 20.00 horas. A función compleméntase coa música en directo de Mister Cool e Fer Risco.

Organizan o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña.

Segundo informan dende Culturactiva, Rock & Magic é un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia. “Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla”, explican dende Culturactiva, engadindo que Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei,” é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll”.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.