“O Nordés vira en Ribeira para ser de novo Nordeste”. Antón Luaces

26 Setembro 2023

Era, daquela, rúa General Franco, actualmente rúa Galicia.  Xusto en fronte, estaba a reloxaría de Eugenio. As horas, nunha e outra beirarrúa, marcaban o latexo da vida daquela Ribeira dos anos 50 na que non se rifaba por recoñecer como día festivo o da Dorna (que só era grande durante a tarde do 24 de xullo, coa botadura da dorna que se doaba a unha familia necesitada en acto solidario a celebrar na rampla  do varadoiro) nen tampouco o martes de Entroido, que comezaba a ser festa cando, xa entre lusco e fusco, O Marqués e a súa dona sacaban a pasear polas rúas os seus disfraces, sempre celebrados polos choqueiros ata que retornaban ao seu Bandaurrío coa satisfación da “misión cumprida”, que non  era outra que a de se divertir, divertindo.

Foi nese tempo -cando na hoxe rúa Galicia só existían os cafés de Pedro e de María Núñez- que abriu as portas ao público a “Cafetería Nordeste”, a primeira desta condición na vila-cidade na  que había dous cines e dous locais nos que a xuventude se entretiña: o Frente de Juventudes e o de Acción Católica, amén do campo de fútbol de Frións e as instalacións deportivas do Grupo Escolar Francisco Franco.

O “Nordeste” foi un punto de atracción sobre todo para as mulleres, que non accedían aos bares e tabernas aos que só ían os homes, mentres as mulleres escoitaban na radio “Ama Rosa” e os cativos “Dos hombres buenos” e “Diego Valor”.

Non houbo televisión en estabelecementos de hostalaría ata que o “Nordés” puxo no local o primeiro televisor. Tamén foi o primeiro local e dispor dunha máquina tocadiscos e unha terraza con mesas, xa en tempos nos que os irmáns Antonio e Pepe Novo rexentaban un local sempre concorrido e cun altiño ao que comezaron a ir as parellas.

Agora o “Nordeste” reabre, após moitos de fechar as portas, mudando os obxectivos iniciais: do coktail pasa ao xamón, pero á fronte do mesmo está outro Novo, fillo e sobriño  dos anteriores propietarios. Un local que, inicialmente, chegara a contar con atraccións en directo, se ben é certo que durante moi pouco tempo. Sempre lugar de encontro e, especialmete en verán, un espazo -a terraza- onde poder ver e que te viran, porque de todo houbo e haberá sempre.

Outros artigos

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

+

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

+

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.