O Goberno de Boiro propón en pleno a creación dunha comisión para a municipalización da Piscina

27 Setembro 2023

O Goberno local de Boiro propón para o seu debate e aprobación no pleno da Corporación deste xoves 28 a creación dunha comisión para a municipalización da Piscina Municipal e servizos deportivos da Cachada.

Apertura da Piscina, este ano, logo dos traballos recentes de reforma levados a cabo

O obxectivo desta proposta é “facer un estudo para recuperar a xestión do servizo multiusos e que pase a xestionarse do xeito máis sustentábel e eficiente posíbel, dando prioridade á xestión directa”, sinalou o alcalde boirense, José Ramón Romero, engadindo que “nos últimos anos fíxose un gran traballo nas instalacións deportivas da Cachada para poder prestar o mellor servizo á veciñanza e o seguinte paso é o de xestionar os servizos que se prestan no complexo”.

A comisión que se pretende aprobar terá a función de redacción dunha memoria xustificativa relativa aos aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros da actividade económica e determinar a forma de xestión. Do mesmo xeito, esta comisión será a encargada de elaborar un proxecto de tarifas e regulamento de uso das instalacións.

O Concello lembra que neste momento as instalacións están a ser xestionadas de forma directa polo Concello de Boiro pero o obxectivo que se persegue coa creación desta comisión é ampliar os servizos deportivos, monitorado, cursos e actividades que se viñan realizando nas instalacións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.