A Pobra repartirá 750 euros en premios na sétima edición do Concurso Fotográfico de Micoloxía

27 Setembro 2023

Profesionais e afeccionadas á fotografía teñen unha cita na Pobra do Caramiñal coa sétima edición do concurso para captura-las imaxes máis curiosas de cogomelos.
Trátase dunha das actividades que integran as Xornadas Micolóxicas xa consolidades no calendario outonal; programación completa que se desvelará en vindeiras datas para contribuír á divulgación da micoloxía e á valoración e ó respecto polos recursos naturais e o medio ambiente, tal e como deron a coñece-lo concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, xunto coa técnica municipal desta área, Beatriz González.
O dito certame repartirá un total de 750 euros en premios baixo o formato de vales de compra que se poderán trocar no comercio local: un primeiro de 350 euros, un segundo de 250 euros e un terceiro de 150 euros.
Establécese un prazo único de matrícula, realización e entrega das fotografías que abrangue do 29 de setembro, ás 15.00 horas, ata o 29 de outubro, ás 23.59 horas. A inscrición e o envío efectuarase no enderezo electrónico apobra.micoloxia@gmail.com. Deberanse comunicar nesa mensaxe unha serie de datos como o nome, os apelidos e o teléfono de contacto. Unha vez recibidos, remitirase a tarxeta de participación.
Admítense unicamente dúas obras por cada participante. Cada unha constará á súa vez de dúas instantáneas: unha onde se vexa a tarxeta de participación, que servirá de control, e outra sen ela, para garanti-lo anonimato cara a avaliación por parte do xurado.
A resolución publicarase no Facebook do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal e en www.apobra.gal. As persoas gañadoras recibirán tamén aviso por vía telemática ou telefónica.

As imaxes galardoadas en tódalas convocatorias deste concurso, incluída esta, integrarán unha exposición que se amosará nos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra.
As bases completas pódense consultar na páxina web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.