Porto do Son organiza a partir de outubro un obradoiro de memoria para maiores con inscricións abertas todo o ano

28 Setembro 2023

O Concello de Porto do Son vai organizar a partir de outubro un obradoiro de memoria para persoas maiores, destinado a fomentar a calidade de vida entre a poboación sénior do termo municipal e fomentar hábitos de envellecemento saudábel e activo. A actividade vai destinada a persoas maiores de 55 anos. Segundo confirmou o Concello, malia comezar en outubro as inscricións estarán abertas ao longo de todo o ano, con horarios e espazos adaptábeis en función da demanda.

Para máis información cómpre acudir á Concellería de Benestar Social ou chamar ao 981 86 74 14. As sesións serán os mércores en Porto do Son (en horario de 10.00 a 11.00 e de 11.00 a 12.00 horas) e en San Pedro (9.30), Xuño (10.30) e Caamaño (11.30).

Outros artigos

Minuto de silencio no Son polas vítimas de Urda

O Concello do Porto do Son acolleu onte a celebración dun minuto de silencio en homenaxe ás vítimas do tráxico accidente ferroviario de Urda. O Goberno e a Corporación do municipio adheriuse ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios y...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.