O Ballet Folclórico Galego rende homenaxe a Rey de Viana (este domingo no pazo de Goiáns, Boiro)

29 Setembro 2023

O pazo de Goiáns acolle este domingo 1 de outubro o espectáculo Festexando a Rey de Viana, a cargo do Ballet Folclórico Galego e no marco das celebracións do Mes da Danza organizadas polo Concello de Boiro. Será ás 20.00 horas. Aentrada será un donativo de 2 euros en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.

Centenario do nacemento de José Manuel Rey de Viana

A Concellaría de Cultura do Concello de Boiro programou actividades durante o mes de setembro para conmemorar o Mes da Danza en homenaxe ao centenario do nacemento de José Manuel Rey de Viana.

O primeiro dos espectáculos foi o venres 1 de setembro ás 22.30 horas no pazo de Goiáns. Tratouse de Demente, da compañía de danza de Fran Sieira. Neste caso os beneficios recadados foron dar á asociación AGADEA Alzhéimer.

O seguinte dos espectáculos é este sábado en Goiáns e, como dixemos, correrá a cargo da escola de ballet Cen Pliés, que representará Alicia no país das marabillas. Os beneficios dos donativos recadados estes días serán para a Asociación de Ayuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

O último dos espectáculos celébrase o domingo 1 de outubro ás 20.00 horas, coincidindo dos 40 anos de que Rey de Viana trouxera o baile a Boiro. Será o Ballet Folclórico Galego quen represente un espectáculo para festexar a Rey de Viana e no que se recadarán beneficios para a Asociación Española Contra o Cancro.

Todos os espectáculos terán lugar na fortaleza de Goiáns, sen reserva previa, e a entrada será un donativo de 2 euros en beneficio das distintas entidades sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.