O Concello de Boiro celebra en setembro o mes da danza dedicado ao centenario do nacemento de Rey de Viana

30 Agosto 2023

A Concellaría de Cultura do Concello de Boiro programou actividades durante o mes de setembro para conmemorar o Mes da Danza en homenaxe ao centenario do nacemento de José Manuel Rey de Viana. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou na mañá deste 30 de agosto o programa de actividades xunto con membros das distintas compañías que participan nesta conmemoración.

O primeiro dos espectáculos será este venres 1 de setembro ás 22.30 horas no pazo de Goiáns e será Demente da compañía de danza de Fran Sieira. Neste caso os beneficios recadados serán para a asociación AGADEA Alzhéimer.

O seguinte dos espectáculos está programado para o sábado 16 de setembro ás 20.00 horas tamén no pazo de Goiáns e correrá a cargo da escola de ballet Cen Pliés, que representará Alicia no país das marabillas. Os beneficios dos donativos recadados estes días serán para a Asociación de Ayuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG).

O último dos espectáculos celébrase o domingo 1 de outubro ás 20.00 horas, coincidindo dos 40 anos de que Rey de Viana trouxera o baile a Boiro. Será o Ballet Folclórico Galego quen represente un espectáculo para festexar a Rey de Viana e no que se recadarán beneficios para a Asociación Española Contra o Cancro.

Todos os espectáculos terán lugar na fortaleza de Goiáns, sen reserva previa, e a entrada será un donativo de 2 euros en beneficio das distintas entidades sociais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.