A rapazada dos campamentos de verán do Concello de Boiro participa nunha charla sobre reciclaxe

01 Agosto 2023


A rapazada participante no Campamento Concilia de Verán 2023 do Concello de Boiro participa en charlas sobre a reciclaxe. O obxectivo destas sesións é trasladar aos nenos e nenas a importancia da reciclaxe e de separar correctamente os residuos.

As charlas que se están a levar a cabo están dirixidas aos rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos que participan nos campamentos de Boiro, Cespón, Abanqueiro e Cabo de Cruz.

Esta actividade formativa está especialmente enfocada na implantación do quinto contedor marrón de materia orgánica, así como o coñecemento dos puntos limpos móbiles. A sesión consta dunha charla e un posterior xogo para recordar a importancia da reciclaxe e aprender a separar correctamente a materia orgánica no novo contedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...