Este sábado 5 de agosto vai celebrar en Boiro un Torneo de Fútbol Solidario Interparroquial en beneficio da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (ASANOG). Será ás 17.00 horas no Campo Municipal de Vista Alegre. A vertente solidaria do torneo materializarase a través da compra de rifas nos establecementos locais colaboradoras coa iniciativa. O evento inclúe no seu programa un gran sorteo de agasallos. O recadado irá destinado a fortalecer a actividade de ASANOG.




