A plataforma contra os vertidos da mina de San Finx di que está a consumarse a fuga dos donos da explotación

01 Agosto 2023

As entidades que integran a plataforma comarcal contra os vertidos da mina de San Finx (Lousame) emitiron un comunicado no que denuncian que a empresa australiana Pivotal Metals vén de desfacerse das súas responsabilidades sobre a explotación, simulando a venda da súa filial Tungsten San Finx, titular da mina de Lousame, a unha empresa novamente creada e cun capital de tan só 3.600 euros. No comunicado faise saber que a compañía “tenta evadirse dese xeito dos danos multimillonarios que a anunciada reapertura da mina provocaría sobre a ría de Muros e Noia e os seus bancos marisqueiros, situados a tan só 7 km augas abaixo da explotación”.

Desde a Confraría de Pescadores de Noia e doutros colectivos integrados na plataforma comarcal contra os vertidos advirten que “non permitirán máis evasións de responsabilidades”, e anuncian que “ampliarán a causa penal por presuntos delitos ambientais aberta nos Xulgados de Noia aos novos administradores e titulares reais da trama societario, así como ao director facultativo da mina”.

Tamén lembran que aaustraliana Pivotal Metals recibiu supostamente 150.000 euros, nunha venda con efecto de 30 de xuño e para desfacerse da mina creouse unha trama opaca formada por unha nova empresa matriz, constituída fai tan só dous meses por un despacho de venta urxente de sociedades limitadas co capital social mínimo.

No comunicado engádese que o 21 de xullo esa nova matriz é adquirida expresamente para materializar a fuga da australiana Pivotal Metals, colocándose como administrador o xeólogo peruano Álvaro Fernández Baca, vinculado con outras empresas mineiras australianas e canadenses, e que ese mesmo día cambiouse o nome da nova dona da mina de San Finx a “Metais Estratéxicos S.L.”, que é, sinala a plataforma, “unha denominación aparentemente galega para unha empresa con sede nun despacho de avogados de Madrid, onde tamén residen os administradores da australiana Pivotal Metals”.

Desde os ditos colectivos recordan que “estamos convencidos de que Fernández Baca é apenas un home de palla”, aínda que advirten que desde 1989 España ten un tratado de extradición con Perú e que perseguirán a todos os responsábeis. Tamén fan saber que “durante o pasado mes de xuño a empresa mineira acelerou as obras das infraestruturas de vertedura, logo de que a Xunta de Galicia lle concedese unha prórroga ata o 12 de agosto para completar as instalacións que permitirán o inicio da descarga de case mil millóns de litros anuais de augas contaminadas con metais pesados tóxicos e canceríxenos”. A empresa contratou a varios traballadores que xa estiveran na mina entre 2010 e 2018 co obxectivo de completar a posta a punto no menor prazo posíbel.

Desde a Confraría de Noia reclaman á Xunta que “estableza avais medioambientais de polo menos 60 millóns euros, á vista de que o peche dos bancos de marisqueo de Noia suporían perdas anuais duns 20 millóns de euros”. E engaden: “A Xunta leva ademais anos sen cobrar o canon de control de vertidos, xerando unha perda ás arcas públicas de máis de 30 millóns de euros”.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...