“De peixe para descartes a salsas para cociñar: a pesca busca acomodo” – Antón Luaces

02 Agosto 2023

A Comisión de Pesca larga aparellos para evitar excesos de pesca que, segundo a UE, prexudican as expectativas de futuro dun sector fundamental en distintas rexións comunitarias, entre estas Galicia. E os armadores, obviamente, tentan dar resposta ao desafío dos obrigados descartes. E Galicia, concretamente os armadores do porto de Vigo (ARVI) semellan ter a resposta axeitada. Esta vai ser probada definitivamente nos vindeiros días grazas a un barco de pesca da frota de ARVI que, durante varias mareas, irá compactando separadamente a súas capturas de especies como, entre outras, o xurelo ou a pescada, cumprindo deste xeito a normativa nesa materia de descartes que obriga a toda a frota pesqueira, especialmente á comunitaria, a descargar nos portos as especies sometidas a TAC e cotas, cuestión que dificulta o desenvolvemento da actividade pesqueira.

As especies capturadas e subprodutos que non poden ser comercializados para consumo humano  deben ser almacenados nas bodegas dos barcos após a súa captura, ocupando o espazo dispoñible para a comercialización das mesmas,

Con estas premisas naceu ABASAP (Acondicionamento a bordo e aproveitamento dos subprodutos da actividade pesqueira) co que ARVI e ANFACO-CECOPESCA deseñaron un prototipo de compactación que permite reducir ao máximo o volume dos descartes e subprodutos de diferentes especies.

Agora, das probas de mar a levar a cabo irase probando a compactación das capturas e o funcionamento da máquina, así como as posibles milloras do deseño de cara ao futuro, e poder imprantar o prototipo a toda a frota.

Ao mesmo tempo estudarán como valorizar os descartes obtidos grazas a ese prototipo , converténdoos en produtos cun alto valor engadido froito dun longo proceso de fermentación para acadar resultados con diferentes salsas de peixe de uso cotián na cociña e que son moi valoradas no mercado asiático e, cada vez máis, en Europa, onde existe un importante interese emerxente deste tipo de produto.

O sector pesqueiro evidencia deste xeito a súa capacidade de adaptación ás condicións que veñen impostas, algo que xa demostrou en numerosas ocasións.

Neste momento, facendo do peixe que non pode oficialmente levar a bordo salsas de ampla demanda nos mercados mundiais e que, antes de o guindar morto ao  mar, tritura e converte en salsas que adoban outras producións culinarias.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.