O torneo CONGALSA 3×3 Basket Pobra medra na súa segunda edición

02 Agosto 2023

O baloncesto será o gran protagonista da xornada do 19 de agosto na Pobra, onde se vai celebrar o Torneo CONGALSA 3×3 Basket Pobra. Xogarase nas pistas deportivas do Castelo durante toda a xornada. Trátase da segunda edición dun evento deportivo que arrancou no pasado ano coa aspiración de se converter en “referente comarcal” e que se realiza nesas datas aproveitando a afluencia de xente na localidade.

No acto de presentación efectuado este martes 1 de agosto interviñeron o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido; Irene Souto, en representación de CONGALSA ; e o presidente do Basket Pobra Asambal, Francisco Martís.

O edil comunicou o desexo de que esta cita se consolide no calendario e contribúa ao crecemento desta disciplina deportiva.

A aceptación acadada na anterior convocatoria fixo que se incrementasen as categorías participantes, que serán a Mini Basket, a Infantil + Cadete e a Júnior + Sénior. Arrancará ás 09.00 horas coas persoas participantes de menor idade, para xa pola tarde lle dar paso á modalidade superior.

Os premios consistirán en trofeos para a primeira das mencionadas categorías, material deportivo no caso da segunda e no repartimento de 450 euros na modalidade maior, importe que tamén se incrementa con relación a 2022: 250 euros para o primeiro equipo clasificado, 150 euros para o segundo e 50 para o terceiro.

A data límite para se anotar estipúlase no día 17 a través do enderezo electrónico cbbasketpobra@gmail.com, do teléfono de contacto 661183232 ou do código QR dispoñible nos carteis en circulación. Será preciso aboa-las cotas de inscrición pertinentes (de balde para os participantes na Mini Basket, 10 euros para a Infantil + Cadete e 25 euros para a Júnior + Sénior).

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.