O servizo Coidados Porta a Porta chega a Ribeira os días 11, 12 e 13 de setembro

03 Agosto 2023

A unidade móbil do programa Coidados Porta a Porta da Xunta estará en Ribeira os días 11, 12 e 13 de setembro; de 09:00 a 20:00 horas. Trátase, segundo lembra o Concello, dun servizo asistencial ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia; e ofrece servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Pódese solicitar información e cita previa a partires do día de hoxe nos teléfonos 622 748 283-623 546 992 ou ben a través do correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Os servizos que se prestarán, gratuítos e con cita previa, son os seguintes: podoloxía: consulta básica; valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, callos e helomas. Tamén se achegan servizos de audioloxía (valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva) e de estimulación da memoria (un profesional realizará unha valoración cognitiva
e proporcionará pautas para a promoción do envellecemento activo e a prevención da
dependencia mediante hábitos de vida saudábeis).

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...