Chega a XII edición da Festa do Mexillón de Rianxo (con concerto de Mediarea)

04 Agosto 2023

Esta fin de semana celébrase en Rianxo a XII edición da Festa do Mexillón de Rianxo.

A celebración, que organiza a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club Remo Rianxo, desenvolverase o sábado e o domingo (5 e 6 de agosto) nunha carpa instalada no Campo de Arriba. O sábado a degustación arrancará a partir das 20:00 h. e o domingo dende as 13:00 h.

No marco do programa de actividades da Festa do Mexillón, este sábado 5 actuará a banda Mediarea. Será ás 23.00 horas no Campo de Arriba. O espectáculo Música do País é a primeira proposta artística de Mediarea. Este grupo nace do amor pola música patrimonial galega e a responsabilidade de contribuír á súa saúde con afán creativo. Cada un dos catro compoñentes do grupo aportan un novo toque á música tradicional: a gaita de Gael, ancorada na tradición do Morrazo pero garreando para outros rumbos, o acordeón de Pumar, aportando frescura con melodías e harmonías novas, o toque xoguetón pero preciso de Luís no bombo, a intensidade e enerxía da percusión de Rodri bebendo de moitos estilos…

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.