O primeiro exame para a cobertura de 89 prazas de policía local en 24 concellos, entre eles Noia, O Son e Padrón, será o 23 de setembro

04 Agosto 2023

O primeiro exame para a cobertura de 89 prazas de policía local en 24 concellos será o 23 de setembro ás 10,00 horas. Así o acordou o tribunal encargado de avaliar o proceso selectivo na súa sesión constituínte, celebrada hoxe na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). A proba xuntará máis dun milleiro de aspirantes e terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda.

O exercicio consistirá na realización dun test dun cento de preguntas con catro respostas posibles, sobre os 40 temas que compoñen o contido teórico de acceso. Entre eles figuran dereito constitucional e penal, policía administrativa, tráfico e seguridade viaria, así como deontoloxía policial, violencia de xénero e dereitos humanos.

Segundo acordou tamén o tribunal na xuntanza de hoxe, as 300 persoas coas mellores cualificacións serán convocadas ao terceiro exercicio, de aptitude física e que inclúe probas de velocidade, de potencia de trens superior e inferior, de resistencia xeral e de natación. O segundo exercicio correspóndese co coñecemento da linga galega, do que están exentos quen acheguen certificado de Celga 4 ou equivalente.

Realizarase tamén unha proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais. Os exercicios culminan cun recoñecemento médico para garantir que as persoas aspirantes estean nas condicións axeitadas para o desenvolvemento das funcións policiais.

As persoas aspirantes que cheguen ao final do proceso deberán entón superar o curso selectivo de formación teórica e práctica para ser finalmente nomeado persoal funcionario de carreira na categoría de policía no correspondente concello.

Concellos que ofertan prazas

Dos municipios que ofertan prazas a meirande parte son da provincia da Coruña, coa Coruña, Ames, Bergondo, Betanzos, Carballo, Ferrol, Muxía, Narón, Noia, Padrón e Porto do Son. Da provincia de Pontevedra figuran prazas nos concellos de Baiona, Caldas de Reis, Cuntis, Gondomar, Marín, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa. A todos estes súmase o de Lugo. A Coruña é a localidade que oferta maior número de vacantes, con 30, seguida de Vigo e Lugo, con 9, de Padrón con 4 e de Carballo con 3. As demais ofertas oscilan entre unha e dúas prazas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.