O sector do mar defende o carácter estratéxico do marisqueo fronte á mina de San Finx

05 Agosto 2023

A Confraría de Noia e a plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx expresan a súa total repulsa ás falsidades difundidas pola Cámara Oficial Mineira Galicia, á que acusan de tentar ocultar os impactos da mina de Lousame sobre a ría de Muros e Noia e facer lavado de cara a unha Xunta que ten numerosos funcionarios e altos cargos imputados polas irregularidades da explotación. Recordan que xa en 1987 a Fiscalía iniciou dilixencias contra a mina de San Finx por delitos contra o medio ambiente e que actualmente hai catro causas penais abertas.
Acusan á Cámara Oficial Mineira, que recibe centos de miles de euros de subvencións da Consellería de Economía e Industria, de mentir abertamente ao afirmar que a mina de San Finx nunca causou problemas coa calidade das augas e co marisco, cando hai estudos científicos que demostran como a mina foi a causante directa da acumulación de metais pesados na ría cando estivo operativa durante o século pasado.
Con estes argumentos, o organismo empresarial pretende xustificar o inicio inmediato do baleirado das galerías da mina, que provocaría unha inxección de case mil millóns de litros anuais de augas contaminadas á ría, a pesar de que a explotación non conta cun proxecto de explotación válido nin unha avaliación de impacto ambiental.
Con ese fin, a Cámara Oficial Mineira non dubida en acusar as confrarías e restantes organizacións opostas á vertedura a promover información sesgada e sen valor científico, cando foi a propia Confraría de Noia a que contratou os servizos do prestixioso hidrólogo Steven H. Emerman para achegar informes independentes que evidencian a ineficacia do sistema de tratamento proposto pola empresa mineira e aprobado pola Xunta.
O organismo presidido por Juan José López Muñoz, que foi hai pouco directivo dunha filial da empresa australiana que controla as minas, tenta xustificar a actividade mineira con auténticas barbaridades como que as minas de San Finx xa funcionaban hai 6000 anos, máis de 2000 anos antes do inicio da Idade do Bronce no noroeste peninsular, coa que se comezou a utilizar estaño. Por iso, desde a plataforma comarcal recomendan a López Muñoz “aproveitar as vacacións para informarse mellor e perseguir as irregularidades dentro do seu sector en vez de tentar tapalas con mentiras.”
Fronte ao suposto carácter estratéxico da mina de San Finx, desde o pósito noiés lembran que o proxecto de explotación da mina de 2009 apenas contemplaba 12 postos de traballo, mentres que a actividade marisqueira xera máis de 2000 empregos directos e máis de 10000 indirectos, cunha facturación anual de máis de 20 millóns de euros.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.