O Grupo FRINSA, con sede en Ribeira, vén de habilitar este verán un novo establecemento en Sanxenxo, unha tenda pop-up que ficará aberta até o 30 de outubro cun horario de actividade de 10:00h a 15:00h e de 18:00h a 23:00h, todos os días da semana excepto os mércores. Na inauguración oficial desenvolverase unha experiencia gourmet a cargo do embaixador da empresa Pepe Solla. O evento será este xoves 10 de agosto a partir das 18:30h na nosa efémera de FRINSA situada no paseo marítimo de Sanxenxo (rúa Porto Nº5). Nela, explican dende a empresa, “poderemos degustar dunha ampla gama das nosas conserva premium, así como dúas tapas creadas ex-profeso polo chef Estrella Michelin para a ocasión”.

Con esta nova apertura, engade a conserveira ribeirense, “continuamos co noso ambicioso proxecto de tendas propias denominadas FRINSA La Conservera”, das que xa conta cunha ducia de establecementos e nos que os consumidores poden adquirir e degustar directamente “toda a variedade de conserva de máxima calidade que ofrecemos, unha ampla gama de produtos premium, conformadas polas nosas marcas propias como FRINSA La Conservera, FRINSA Proteína Natural e Minerva”.



