Un accidente entre dous vehículos deixa dúas persoas feridas en Noia, unha muller e un menor

07 Agosto 2023

Un accidente entre dous vehículos deixou dúas persoas feridas, unha delas un menor, que foi trasladado na aeronave. A outra persoa ferida, unha muller, foi evacuada nunha ambulancia.

Dez minutos despois das 13:00 horas de hoxe, unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun accidente con dous coches implicados na CG-1.5, quilómetro 27, á altura de Roo, en Noia. Aseguraba que non había persoas atrapadas no interior dos vehículos, pero si indicaba que había nenos nos coches que podían precisar asistencia.

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro e á Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, foron informados os membros do GES da localidade, a Policía Local e o persoal de mantemento da vía.

Ata o lugar tamén se desprazou un helicóptero medicalizado cuxos facultativos atenderon no mesmo lugar ao cativo que resultou ferido.

Tras as primeiras valoracións aos feridos por parte dos profesionais sanitarios, os membros do GES comunicaron que resultaran feridas dúas persoas, un menor que foi trasladado na aeronave e unha muller que foi evacuada en ambulancia.

Con todo, foi preciso reestruturar a circulación ao tráfico no punto quilométrico afectado mentres os servizos de emerxencias traballaban na evacuación dos feridos. Non obstante, o persoal de mantemento confirmou que, sobre as dúas e media da tarde, o tráfico quedou totalmente restablecido. 

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.