O pasado 1 de agosto constituíuse a nova xunta de Goberno local de Outes. Nela puidéronse axilizar diversos trámites da veciñanza e aprobouse o inicio dos procesos de contratación para as seguintes obras:

– Pavimentacións do núcleo interior de Banzas, do núcleo interior de Outes, do Cunchido, dos Muiños, do Muiño de Añón, da contorna do Colexio de Roo e de Lagoa.
– Arranxo e rehabilitación enerxética do teito da Piscina Municipal e o acondicionamento da Escola de Tarás.
Ditas actuacións en estradas e infraestruturas do concello suporán un investimento total de 391.533,94 €



