A igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal, terceira parada das visitas patrimoniais promovidas polo Museo Valle-Inclán

09 Agosto 2023

Os itinerarios guiados polo patrimonio cultural da Pobra do Caramiñal continúan no 10 de agosto da
man do Museo Valle-Inclán. A igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal constitúe a terceira parada desta serie, precedida pola da capela da Alba do templo de Santiago do Deán e a do pazo do Couto.
Nesta ocasión, establécese o adro do Caramiñal como punto de encontro, ás 12.00 horas.
Para participar é necesario inscribirse previamente de balde a través dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.
Ademais, continúan activas as visitas comentadas pola torre de Bermúdez e os fondos que esta atesoura. Efectúanse cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas, e requiren unicamente anotarse nas canles xa referidas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.