“Ignacio Nuevo” – Xulio Xiz

10 Agosto 2023

Hai días ocorreu un accidente de tráfico nos Lagos de Covadonga, ao cruzarse dous vehículos, e un autobús caer por un precipicio resultando varios feridos graves. Este accidente fíxome lembrar a Ignacio Nuevo, revisor do coche dos Hermanos Veiga que facía o traxecto entre Viveiro e Lugo, do que eu era usuario ocasional indo ou vindo no verán entre Vilalba e Ambosores.

Ignacio na praia de Covas (Viveiro), con Conchi Cal, a súa dona, acabados de casar

Ignacio Nuevo era pequeno, fibroso, serio pero sorrinte, agarimoso cos nenos, querido por todos. Moito tempo despois souben que fora tenente coronel do exército republicano e, despois da guerra, viñera deportado a Viveiro, onde enraizou de tal xeito que o seu fillo – Carlos Nuevo Cal – é cronista oficial da cidade, perfecto coñecedor dos “que” e dos “por que” do pasado e do presente viveirense.

A razón de lembrarme de Ignacio, a raíz do accidente na alta Asturias, é a miña experiencia de viaxeiro pola Ganidoira, na que cando o bus se cruzaba con outro, Ignacio baixaba do coche, e á beira dos precipicios da montaña, moito máis terribles que agora, ía orientando ao condutor, centímetro a centímetro, como podía avanzar ou retroceder, parar ou arrimarse, mentres os pasaxeiros tiñamos o corazón nun puño polo revisor e por nós, abríndosenos o ceo cando o perigo pasaba e daba a orde de “avante toda”.

Ignacio, de uniforme, no Hospital Juan Negrín, despois de ser ferido na defensa de Castellón

Nos comezos de agosto vou sempre a Viveiro á Mostra internacional de Bágoas da Terra, senlleira manifestación cultural da cidade do Landro, e pregunteille ao fillo polo nome do pai porque os nomes báilanseme pero os feitos están sempre aí.

Ignacio Nuevo ten salvado moitas vidas, arriscando a propia. Tantos anos despois, aquel permanente sorriso servicial, téñoo gardado no corazón.


Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.