Despois de meses de incerteza o Rock In Rian finalmente seguirá adiante será nas festas da Guadalupe que terán lugar a segunda semana de setembro.
A falta de información sobre as datas do festival preocupara a fans do rock, que temían que sufrise o mesmo destino que o Entre Bateas, outro ciclo de concertos especializado no rock e o metal.
Os organizadores sinalaron que a confusión chegou por mor dun atraso nas axudas da Deputación da Coruña, que colabora con este festiva.
A decisión foi mover a data ás festas máis famosas da localidade as da Virxe da Guadalupe, do 8 ao de 15 setembro. Consideran que a inclusión do Rock in Rian “achega algo máis, é algo diferente”. Como vén sendo habitual o festival contará cun cartel formado por un 100% de bandas galegas, ademais de actuacións das asociacións de danza tradicional do municpio, pasabares, roteiros culturais e talleres de arte e música, entre moitas outras. En edicións anteriores o festival trouxo ata a vila mariñeira grupos como Acouga, Liska, Tecor Societario ou Festicultures.

Problemas co financiamento do evento obrigaron a trasladalo e incluílo na programación das festas grandes da localidade



