
Cando falan de que todos os políticos son iguais e de que non queren saber nada da política. Na maioría das ocasións, ou ben é por ignorancia ou é que a traxectoria vital desa xente foi moi similar aos desa caste privilexiada.
As persoas que traballaron, por recomendación e con bos soldos, descoñecen a realidade ou ben non lles preocupa que cambien certas situacións porque eles e os seus viven moi ben e o conservadurismo son os seus acenos de identidade. Por outra banda, as persoas que viven ao día, con traballos precarios, madrugando todos os días e sen vacacións, o que desexan é poder dispoñer das mesmas oportunidades e que a sociedade avance en dereitos a través do progresismo e o socialismo democrático.
Observando a algúns políticos de barrio ou locais atopámonos con algúns que se engancharon á vida pública, en idades temperás e xubílanse na política, con interesantes incentivos económicos e pensións públicas. Entran como concelleiros, poden chegar a presidir unha corporación local, ser deputados autonómicos ou nacionais, senadores…, o importante é manterse fiel ás directrices do partido e aos seus propios dirixentes. Iso é de abondo para seguir rubindo e crecendo como un animal político, na maioría das ocasións. Loxicamente, sempre hai excepcións.



