Boiro acolle esta “finde” a IX edición do Torneo CONGALSA de Golf, no que se prevé a participación de máis de 100 xogadores

15 Agosto 2023

Os días 18 (venres), 19 (sábado) e 20 (domingo), as instalacións do Barbanza Golf, en Boiro, serán a sede da IX edición do Torneo CONGALSA de Golf, unha iniciativa referencial e consolidada na axenda deportiva de verán da comarca. Neste campionato prevese que participen máis de 100 xogadores nas súas diferentes categorías.

Trátase dunha das iniciativas de carácter deportivo que promove anualmente a empresa de alimentación pobrense no marco da súa política de responsabilidade social corporativa. “Unha política que ten entre as súas principais misións apoiar a práctica deportiva, en xeral, e diferentes disciplinas basee, en particular, na nosa área de influencia”, afirma Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA.

As inscricións están abertas ata o xoves 18 á 22.00 h. e pódense formalizar por email (barbanzagolf@gmail.com), por teléfono (651 172 945) ou no campo de golf (Lugar Macenda, s/n. Boiro).

Valores do deporte

No que respecta ao respaldo ao deporte local e comarcal, Isabel Cañas afirma que con esta aposta desde a empresa quérese fai fincapé entre a sociedade na relevancia dos valores do deporte que son compartidos pola empresa. “A integridade en golf é un valor intrínseco, cada xogador responde das súas accións ante si e ante o resto de participantes, do mesmo xeito que a integridade e ética empresarial é un dos nosos valores corporativos”, comentou.

A directora de Relacións Externas da empresa participará no acto de entrega de premios aos diferentes gañadores das diversas categorías da iniciativa, que se celebrará tras o desenvolvemento da proba. Ademais, no marco desta última, os participantes poderán degustar unha selección de produtos de CONGALSA que serán servidos durante o transcurso do torneo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.