A ABE dá a coñecer os premiados da terceira Quincena Fantástica

16 Agosto 2023

Na mañá deste luns 16 de agosto celebrouse na sede de patronal de Boiro (ABE) o sorteo dos premios da terceira das quincenas da campaña de verán da entidade empresarial (Quincenas Fantásticas) entre os 1.525 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre os días 1 e 16. Segundo explicou a asociación, os 1.525 rexistros supoñen un incremento de 356 sobre os rexistrados na mesma quincena do pasado ano e “quédanse a tan só 56 do récord de rexistros que se estableceu na segunda quincena do mes de xullo”.

Premios e premiados

-250 € para Valeira Ruiz, por unha compra de Hipermarket Haomai

-150 € para Elena Vigo, por unha compra en Mi Frutería

-100 euros para Carmen Vázquez, por unha compra en Panadería Ourille

-Unha bicicleta para Justo Loño, por uha compra en Café Literario Ágora.

A entrega de premios será na primeira semana de setembro. Realizarase xunto cos premiados da última das quincenas de agosto.

Próximos sorteos

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda están pendentes de ser sorteados 500 € e 1 bici correspondestes á segunda quincena de agosto e un premio especial de 1.000 para un único agraciado no que participarán todos os rexistros do verán Para participar os clientes deben realizar unha compra nun establecemento asociado a ABE e rexistrala en www.abe.gal.

A campaña está co-financiada pola Xunta de Galicia.

Sorteos cada quincena

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 17 de xullo

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 1 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 4 de setembro

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.