A Pobra lembra quen loitou pola democracia neste Día daGaliza Mártir

17 Agosto 2023

Neste 17 de agosto conmemórase o Día da Galiza Mártir, data escolleita por se-lo día en que en 1936 fusilaron o intelectual galeguista Alexandre Bóveda no monte da Caeira (en Poio). O Concello da Pobra do Caramiñal convocou para esta xornada unha ofrenda floral a carón da escultura pola memoria histórica
situada nos Xardíns de Valle-Inclán; figura elaborada polo artista local Manuel Teira como homenaxe ás vítimas da ditadura franquista e para lle render un tributo a quen loitou e defendeu os principios da democracia.
Xunto con membros da corporación municipal, do tecido asociativo e da veciñanza, a concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, manifestou que esta homenaxe non se centra unicamente en Alexandre Bóveda, senón que tamén se fai extensiva “a tódalas persoas que loitaron pola democracia e liberdade, especialmente tamén ás persoas da Pobra do Caramiñal, cunha mención moi especial e afectuosa a Manuel Hermo Vidal, tenente de alcalde da Pobra do Caramiñal, quen era ademais o alcalde substituto durante a sublevación militar fascista de 1936 e foi brutalmente torturado na vila polos falanxistas e despois condenado a unha morte sempre inxusta. Sen eles, sen elas, non seriámo-lo que somos, nin estariamos hoxe aquí reunidas.” A edil debullou tamén o perfil político de Bóveda e todo o proceso vivido ata a súa execución.
Ó que respecta á súa persoa e á súa sensibilidade referiuse o alcalde, José Carlos Vidal, quen procedeu á lectura dunha carta que escribiu o intelectual dirixida á súa muller para despedirse e trasladarlle o seu amor.
“Nas institucións públicas debemos honrar tódalas persoas mártires na historia do pobo galego. Por iso manter vivo o legado de Alexandre Bóveda é para o noso Concello unha obriga”, declarou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.