Rianxo achega estes días un menú de concertos (The Lákazans, Sés), festas en Isorna e divulgación astronómica

17 Agosto 2023

A Área de Cultura do Concello de Rianxo compartiu a axenda de actividades para esta terceira fin de semana do mes, un completo programa de propostas composto por iniciativas impulsadas dende o Concello e, tamén, dende as entidades culturais con base en Rianxo. Cómpre destacar varias novidades na axenda motivadas polas condicións meteorolóxicas previstas para a noite deste venres, que obrigaron ao departamento de Cultura a adiar dúas actividades:

* PROXECCIÓN DO FILME “Nocturna, unha aventura máxica”  prevista para hoxe XOVES 17, nas Pistas Exteriores do Centro Cultural de Leiro

* Concerto do grupo OS JOHN DEERES, previsto para o VENRES 18, na Praza de Rafael Dieste. En breve anunciarase nova data.

PROGRAMACIÓN:

SÁBADO 19 DE AGOSTO

  • 22:00 h. Praza de Rafael Dieste (Rianxo). Música na noite. THE LÁKAZANS (R&B, soul, ..) Concerto ao abeiro da programación de Cultura no Camiño 2023 da Xunta de Galicia. No caso de climatoloxía adversa trasladarase ao Auditorio de Rianxo. 

SÁBADO 19 E DOMINGO 20 DE AGOSTO – FESTAS DE ISORNA. Programa diverso de actividades: Pasarrúas, Festa Infantil, verbena, Concerto da Banda da Escola de Música de Rianxo, ….. Achégase cartel

VENRES 25  DE AGOSTO

VENRES 25  DE AGOSTO

Máis información no sitio web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.