“4.815”. Olegario Sampedro

18 Agosto 2023

Relixión, política e sexo é o clásico triunvirato argumental vetado nas reunións familiares. Non obstante, en ocasións, saltar este impedimento non só é un oportuno exercicio, senón tamén un obrigado precepto.

A Igrexa católica, neste caso a portuguesa, vén de acreditar que 4.815 é a mínima e dolosa cifra de nenos que padeceron abusos sexuais cometidos por irredentos pederastas que se ampararon na inexplicable inmunidade que lles confería un hábito relixioso do que non eran, nin son, merecedores.

«O señor pai é o voso Deus» era a frase máis repetida polos depredadores mentres cometían o seus crimes, non só enlamando o segundo mandamento dese dogma do que non son dignos, senón mesmo tratando de exculparse do crime máis inadmisible: a profanación da inocencia.

É evidente que o célebre aforismo de Juvenal de hai case dous milenios, «máximo respecto débeselle ao neno», foi proclamado en balde se esta inhumana degradación se tolera sen que todos, sen excepción, aliñemos, de forma unívoca e inequívoca, a nosa voz para denuncialo.

Porque, como non alzar a palabra diante dos espurios alentos que aldraxan inocentes calugas? Como non berrar ante bestas que obrigan a mans indefensas a fondear en impropias xeografías? Como non ruxir diante de seres que non expresan ningún remordemento en mesturar noxentas babas con infantís bágoas? Como non rebelarse perante desalmados que transforman a propia culpa nun pecado da vítima? Agora debes ir a confesarte, dicíanlles…

A afonía é a arma do cómplice; o silencio, a gravosa peaxe dos mártires.

E xustamente por ambas razóns explicadas, eu alzo a miña voz e falo.

Outros artigos

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

+

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.