O Torneo de Golf CONGALSA, celebrou ao longo desta fin de semana a súa IX edición con 106 participantes. “Trátase dun dato magnífico que evidencia o interese por tomar parte nesta proba deportiva que, desde a nosa empresa, apoiamos anualmente”, destacou Isabel Cañas, directora de Relacións Externas de CONGALSA durante a entrega de premios posterior á celebración do torneo.
Un torneo do que resultou gañador, na súa categoría absoluta, Simón Gómez Arnejo, con 42 puntos brutos. Tras el, Marcos Gómez Domínguez foi subcampión con 41 puntos brutos. O mellor hándicap foi para Miguel Ángel Becerra, con 41 puntos netos, e o subcampión de hándicap, tamén con 41 puntos netos, foi Juan Bugallo Gardón.
Por outra banda, Julio García Varela proclamouse campión sénior, con 41 puntos netos, e en Vitoria Martínez Da Lama Noriega recaeu o premio á campioa feminina, con 39 puntos netos. Finalmente, o campión junior, 40 puntos netos, foi Fernando Agrelo Pérez.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, a IX edición deste torneo impulsado por CONGALSA celebrouse nas instalacións do Barbanza Golf, en Boiro. Durante o transcurso da proba, os participantes puideron degustar unha selección de produtos das diferentes gamas que comercializa a compañía.




