O alumnado do CEIP de Carreira visita a mostra Momentos de Paco Casal

20 Decembro 2019

A exposición Momentos que se está a exhibir estes días no Centro Cultural Lustres Rivas foi visitada este xoves 19 de decembro por un grupo de nenas e nenos do CEIP de Carreira. O propio artista autor da mostra, Paco Casal, encargouse de mostrarlles os detalles máis relevantes das pezas que acubilla, explicándolles as técnicas de gravado máis populares e convidándoos a seguir o camiño da creatividade nas súas moitas manifestacións.

En Momentos, como lembraremos, achéganse preto de trinta obras variadas en canto a técnica e formato, moitas delas seleccionadas ou premiadas en certames como a Bienal José Luis Fernández, Certame Internacional de Gravado Fundación Pedro Vivanco da Rioxa ou no Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes-Ribeira.

A exposición terá as súas portas abertas até o 4 de xaneiro. O autor das obras que acolle é o artista Paco Casal, ferrolán afincado en Aguiño. O artista, que comezou a a súa andaina pictórica en 1985, expón regularmente dende o ano 1990 e a súa obra ten sido recoñecida nunha manchea de eventos artísticos de pintura e gravado, con premios concretos ou coa elección das súas obras entre as escolmas finalistas, amais de engrosar un importante e senlleiro número de coleccións, tanto de particulares como de empresas e institucións públicas.

Momentos é a terceira mostra de Casal no Centro Cultural Lustres Rivas. A primeira foi en febreiro de 2015 (Realidades máxicas) e en xullo de 2016 participou nunha exposición conxunta co escultor rianxeiro Nuco Losada baixo o título A Galicia máxica.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.