Paco Casal expón Momentos no Lustres Rivas

18 Novembro 2019

O artista ferrolá de nacemento e aguiñense de adopción Paco Casal recala no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira coa exposición Momentos, integrada por preto de trinta obras que se poderán visitar ata o vindeiro 4 de xaneiro. Esta é a terceira mostra de Casal na citada instalación municipal, sendo a primeira Realidades máxicas, en febreiro de 2015, e a segunda A Galicia máxica, en conxunto co escultor rianxeiro Nuco Losada, en xullo de 2016.

A inauguración contou coa participación do propio pintor; a primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro; e Xoán Pastor Rodríguez, quen esbozou unha semblanza do autor.

Nesta mostra o artista achega ao público creacións variadas en canto a técnica e formato, tales coma acrílicos ou gravados sobre linóleo, gravados 3D sobre papel artesanal ou gravados ao ácido ou en talla pvc, ademais de barrís ou toneis con pintura sintética e esmaltes para exterior, moitas delas seleccionadas ou premiadas en certames coma a Bienal José Luis Fernández, Certame Internacional de Gravado Fundación Pedro Vivanco da Rioxa ou no Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes-Ribeira.

Nado en Ferrol en 1956 e afincado en Aguiño, Paco Casal comezou a pintar en 1985 estudando a obra de Vázquez Doce. Dentro da súa formación artística ten referenciado numerosos talleres, cursos e encontros de arte, tanto de pintura coma de gravado. Expón regularmente desde o ano 1990 e a súa obra ten sido premiada e seleccionada en gran número de certames de pintura e gravado, ademais de formar parte de coleccións particulares e institucionais.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.