O deporte sae ás rúas da Pobra nesta fin de semana

23 Agosto 2023

Como cada ano, A Pobra do Caramiñal festexará o Día do Deporte na Rúa con diversas disciplinas que
se van practicar no 25 de agosto. A Concellaría dos Deportes, coa colaboración dos diferentes clubs presentes na localidade, organiza esta xornada que se focalizará na praza Alcalde Segundo Durán, nas pistas do Castelo e no edificio de usos náuticos, de 11.30 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.
O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, apunta que a finalidade desta proposta é fomenta-la actividade física na sociedade, especialmente nas crianzas, ó tempo que serve de escaparate para as diferentes entidades deportivas. Deste xeito, aproveitando a época estival, achégase o deporte dunha maneira lúdica por congregar distintas especialidades ó pé de rúa: atletismo, artes marciais, fútbol 3×3, baloncesto, bádminton, remo, tenis, hóckey, tenis de mesa, voleibol, xadrez, parkour…
Contarase tamén con inchables. A participación é aberta, polo cal non se require a inscrición previa.
Ademais, nesta fin de semana, terá lugar a décimo cuarta edición da Carreira Popular Concello da Pobra do Caramiñal. Esta proba realizarase no 27 de agosto e enmárcase no VI Circuíto de Carreiras Populares do Barbanza Arousa 4 carreiras, 1 meta e no IX Circuíto Provincial de Carreiras Populares.
O prazo de inscricións continúa aberto ata as 14.00 horas do día 24 de agosto a través da páxina web www.emesports.es. Será de balde dende a sub-6 á sub-16 e na Sapatilla Inclusiva, mentres que o importe se estipula nos 6 euros da sub-18 á máster.
As saídas efectuaranse das 10.45 horas en diante dende a rúa Fernández Albor para, sucesivamente, cada categoría completa-la distancia que lle corresponde. E, arredor das 13.30 horas, procederase coa entrega de premios no interior da praza Alcalde Segundo Durán, que se establece como meta.
Outorgaránselles trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categoría, repartiranse agasallos e 910 euros en premios ós/ás cinco primeiros/as clasificados/as da xeral, unha camiseta técnica para os/as
participantes na proba absoluta e medallas para a sub-6 e sub-8. A maiores, daránselle 400 euros (200 euros na modalidade feminina e 200 euros na masculina) á mellor marca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.