Comeza en Noia a edición 2023 das Festas de San Bartolomeu

23 Agosto 2023

O concelleiro de Cultura do Concello de Noia, José Pérez, inaugurou, este mércores 23 ao mediodía, as Festas de San Bartolomeu. Logo da apertura oficial dos festexos o edil deu paso á lectura do pregón a cargo da escultora noiesa Soledad Penalta. O acto foi pechado polo alcalde Santiago Freire.

Segundo lembraron, a axenda vén cargada de actividades: actuacións musicais para tódolos públicos, numerosas orquestras, espectáculos infantís, exhibicións deportivas e xogos para a rapazada inchábeis e concursos). As festas estenderanse no tempo dende o mércores 23 ata o domingo 27 de agosto. Podemos consultar no Facebook do Concello toda a programación. As actividades comezarán o mércores 23 co pregón a cargo da artista local Soledad Penalta, ás 10.00 horas dende o balcón da Casa do Concello. Pola noite haberá verbena na Alameda con New York Olympus e unha homenaxe aos Dire Straits na praza do Tapal (ás 22.00 horas e ás 22.30 horas).

O xoves volverán as verbenas con Claxon na Alameda e os concertos de tributo cunha lembranza a Michael Jackson (no Tapal ás 23.00 horas co Ben Jackson Musical). O venres comezará o día con @S Jaitas Blue, a primeiro a hora da mañá, e logos dos inchábeis e de diferentes exhibicións deportiva, chegará a quenda de Uxía Lambona e a Banda Molona (concerto para a rapazada na praza do Curro ás 20.00 horas). Máis tarde actuará Trébol na Alameda (dous pases). Ás 0.00 será a quenda dos fotos de artificio e ás 0.30 comezará o concerto de Roi Casal (no Tapal).

O sábado arrincará coas dianas e alboradas da Banda Municipal de Música de Noia e ás 18.00 celebrarase unha quedada ciclista familiar na dársena de San Lázaro (colabora CPC Toxo).

Na noite do sábado actuarán na Alameda DJ Son1c, Azúcar Moreno, Soraya e novamente DJ Son1c.

O domingo arrincará coas dianas e alboradas de Os Salgueiriños e proseguirá coa festa da empanada da praza da Constitución (a partir das 13.00 horas, organizada plo Club de Fútbol Noia). noite actuarán o gaiteiro Budiño e a Orquestra París de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...