O Reto AGAELA bótase á nosa comarca para concienciar á sociedade sobre a ELA (24 horas pedaleando dende O Ézaro a Noia e de volta)

24 Agosto 2023

Percorrer en bicicleta e sen descanso o roteiro entre Noia, Muros, Carnota e O Ézaro, en traxectos de ida e volta, sumando máis de 600 quilómetros en 24 horas. Este é o Reto AGAELA Galicia, un desafío deportivo solidario que asume o grupo ciclista de Bermeo (Bermeoko Ziklistek) e que organiza a asociación vasca DalecandELA co fin de “concienciar e achegar fondos en favor da loita contra a Esclerose Lateral Amitrófica (ELA)”.

A iniciativa empezará a rodar en Muros ás 11 horas do sábado 2 de setembro e desenvolverase ata as 11 horas do domingo 3. A súa recadación destinarase integramente á Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica (AGAELA).

Sobre a ELA
A Esclerose Lateral Amitrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa na que as neuronas encargadas do movemento (motoneuronas) van morrendo e progresivamente paralizando todos os músculos voluntarios. As persoas que sofren esta patoloxía, para a que aínda non se atopou cura, perden a capacidade para falar, respirar, comer ou moverse por si sós, mantendo a capacidade intelectual e emocional. A esperanza de vida dunha persoa enferma e ELA é de entre 3 e 5 anos. En España, 4.000 persoas viven con ELA, 300 delas en Galicia.

Para visualizar a realidade das persoas que sofren esta enfermidade e os grandes desafíos pendentes a nivel social e científico na loita contra a ELA, a entidade DalecandELA organiza este verán en Galicia este evento solidario que xa se celebrou con éxito en Euskadi. Nesta ocasión, o grupo ciclista de Bermeo, no que pedalea o muradán Roberto García Lamela, sumará a este desafío a deportistas dos clubs ciclistas da comarca, entre outros os de Muros e Noia, e aos integrantes de DalecandELA e o seu fundador Jaime Lafita, afectado dela, que se incorporarán na última etapa do Reto.

Reto AGAELA Galicia
Os participantes percorrerán en bicicleta de maneira ininterrompida o roteiro entre Noia e O Ézaro, pasando por distintas localidades dos concellos de Noia, Outes, Muros, Carnota e Dumbría. O evento terá a súa base central en Muros, desde onde se dará a saída e completarase o fin de roteiro. Na localidade muradá situarase ademais unha caseta solidaria informativa e de venda de artigos promocionais do evento, para que o público pode apoiar a recadación de fondos a favor de AGAELA.
Así mesmo, a organización abriu un micromecenados online no que poden facerse doazóns voluntarias. O obxectivo é recadar 5.000 euros a través desta iniciativa para a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amitrófica.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.