“Obituario: Teresa Guerra mestra de Aguiño”. Unai González

26 Agosto 2023

Recollemos esta pequena lembranza e homenaxe de Unai González, a doña Teresa, mestra no colexio de Aguiño toda a vida (ou ao menos dende 1980, ata a súa xubilación en 2015.

Obituario.

Adeus doña Teresa, ata sempre profe.

Síntome moi triste porque marcha unha persoa maravillosa, un ser inigualable e único, deses que marcan a vida de cantos a coñecen, non dos que a atopan no camiño senón dos que a coñeceron de verdade porque, doña Teresa, foi moitas veces incomprendida e quizais por elo non foi boa para todos, pero acaso alguén o é?.

A miña profe, a miña amiga Teresa foi unha loitadora sempre, orgullosa dela misma e foi tamén un apoio constante a calquera que o necesitara; leal e sinceira, franca e xusta, boa e xenerosa con todos aqueles que a quixemos nin máis nin menos que por ser desa maneira.

Doña Teresa marcou a vida de xeracións enteiras no colexio de Aguiño, de homes e mulleres que antes foron cativos e que aprendemos lengua e literatura española con ela, pero que tamén aprendemos a ser libres, inquedos, reivindicativos, transgresores e a non comulgar con calquera cousa nin apoiar ao pensamiento único ou o “queda ben”. A crítica da razón é a que nos fai ser independentes e autónomos e eu debo moito do meu ser, da persoa que hoxe son ás ensinanzas e consellos desta muller única e irrepetible.

Na súa humildade e no feito de non renderse nunca está a súa valía,  morrer de pé antes que vivir de xeonllos e por iso non quixo nin siquera que da súa enfermidade soubese ninguén máis que os estritamente necesarios; non quixo dar pena nin causar tristura, non quixo deixar á xente que a quería cun recordo amargo e por iso eu a lembro sorrinte,  cariñosa, chea de vida e de luz, como naquel último encontro fortuito na rúa unha tarde de inverno.

Agora marchou e xa non sei onde estará a súa luz e a súa voz, o seu sorriso e o brillo duns ollos cuio linguaxe aprendín a entender de neno… agora marchou a profe a ensinar no alén e deixou orfos os verdes pupitres da EXB nos que aprendemos a querer, soñar, amar, sufrir… con Bequer, Lorca, Cervantes, Quevedo, Machado, Pardo Bazán, Azorín, Baroja, Cela, Manrique, Rubén Darío… ou Miguel Hernández con aqueles versos de “Cartas”: “Aunque bajo la tierra, mi amante cuerpo esté,  escríbeme a la tierra, que yo te escribiré”. Vou extrañarte moito profe,  pero a lembrarche sempre e levarte comigo no corazón e na memoria e escribireiche á terra para agardar que nos meus soños me alentes, me contestes e aconselles.

D.E.P. Bicos ao ceo.

Unai González Suárez. Aguiño.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.